657539382

©2019 by SALA 303

O CORPO VOCAL

MARÍA COSTAS

O traballo da voz cambiou radicalmente nos últimos tempos, así que tamén houbo

un cambio no xeito en que abordamos a súa pedagoxía. Un xiro de 360 graos.

As descobertas científicas dos últimos tempos permiten outras miradas sobre o

traballo da voz, outras maneiras de enfocar o seu adestramento, que conseguen

facer chegar unha información moi sutil sen forzar (nada na voz se pode forzar),

dun xeito moi amable co noso sistema vocal.

En especial o contacto co modelo Estill Voice, e o traballo co Método Feldenkrais,

fóronme levando a unha comprensión do funcionamento corporal, muscular,

cerebral que ten como resultado gran precisión, que facilita o respecto polas

características únicas de cada voz, de cada individuo, de cada son.

Abundan tratados, teorías, lendas sobre cómo debe ser a producción vocal.

Algunhas datan de épocas nas que tamén se pensaba que a terra era plana. A

teorías axudan, pero só cando ademais temos a experiencia física, o proceso vital,

presencial.

A voz é o resultado da sincronización, da conexión de elementos que non están

diseñados primariamente para producir son, pero que maxicamente atopan unha

maneira de organizarse para facelo. E que están conectados a outros, mais

secundarios, mais lonxanos. Esta organización natural, que fai da producción vocal

un acto espontáneo, doado e sinxelo, vaise distorsionando por diferentes causas,

por exemplo cando tratamos de lograr, por todos os medios posibles, encarar unha

acción que se nos demanda, aínda que non esteamos preparados para ela. Isto

obríganos a forzar o sistema tensándonos, encorvándonos, contraendo músculos

do colo, ombreiros, mans ou cara, agarrotando as articulacións pélvicas e/ou

paralizando a respiración.

Estas contraccións excesivas, xestadas nun contexto emocionalmente intenso e

perpetuadas no tempo, son os compoñentes dunha;mala colocación;. Ineficaz, no

sentido de que gasta máis enerxía da que é necesaria para a acción. Torpe ou

brusca na súa forma de actuar, incapaz de realizar accións sosegadas, precisas ou

sutís.

Queremos localizar eses patróns de tensión e bloqueo para neutralizalos, coñecer

o noso instrumento. Basearnos unicamente na nosa propia referencia auditiva non

garante o seu desenvolvemento, xa que o instrumento está dentro de nós e non

podemos escoitalo con precisión. É necesario descubrir outro modo de monitorar a

nosa evolución vocal.

Neste curso quero compartir con vós esa privilexiada información.

Animádevos a xogar, explorar, investigar. É divertido! 

CONTIDO DO CURSO

● Exploración e búsqueda do equilibrio postural dinámico.

● Exploración e da relación respiración-son.

● Exploración das estructuras do sistema vocal.

● Movemento consciente dos elementos do sistema vocal.

● Aprendizaxe de estratexias neuromusculares para un sonido seguro, eficaz e

natural.

● Exploración das diferentes calidades vocais.

● Relación emoción-son.

● Aplicación práctica con textos ou cancións.


Os asistentes deben traer esterilla, toalla ou manta, roupa cómoda e de abrigo,

calcetíns gordos.


Texto ou canción sinxela aprendida.

Prezo: 80 euros mensuáis + matrícula de 40 

Prazas limitadas

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN