657539382

©2019 by SALA 303

ADESTRAMENTO ACTORAL

Xoves de 16 a 20.30 h


Trimestral

oct-nov-dec / xan-feb-mar / abr-mai-xuñ

Curso de adestramento intensivo para actores e actrices profesionais e/ou estudantes de arte dramática.  Adestramento práctico onde se aprende a autonomía actoral necesaria á hora de preparar unha proba, personaxe ou escena. Exercicios técnicos, improvisacións, creación de personaxes, escenas de teatro e guións de cine.

Fernando Tato 

Actor con ampla traxectoria en Televisión, cine e teatro. Ten participado en series como Pulsaciones ou Matadero para Antena 3, O Faro , Lobos e Cordeiros ou  Libro de Familia para TVG, en películas como Toro de Kike Maillo e en diversas obras de teatro para diversas compañías. 


Fernando Tato conta con máis de 10 anos de formación continua con distintos mestres e técnicas, mais basea o seu adestramento, fundamentalmente, na súa colaboración de máis de seis anos con Lorena García de Las Bayonas no ‘Centro del Actor’. 


Contacto: 655482008

Prazas limitadas

Prezo:

120 euros mensuais (desconto de 20 euros para alumnos matriculados na sala 303)

Se che interesa envíanos o teu currículo, para valorarmos a túa admisión, á seguinte dirección:

adestramentoactoral@gmail.com

Tamén podes cubrir este formulario e nos poñeremos en contacto contigo.